21 may 2014

CONCHA BLANCO CO ALUMNADO DE 2º

A escritora Concha Blanco asinou hoxe os exemplares de  "A vaca titiriteira" (o seu libro máis vendido) ao alumnado de 2º.

A SESIÓN DE ANIMACIÓN CO PAI DE SAMUEL

Déixovos esta presentación para lembrar a magnífica sesión de animación que compartiu con nós Fabien, o pai de Samuel.
Grazas pola túa implicación e profesionalidade!

5 may 2014

SEMANA DA LECTURA: SESIÓN DE ANIMACIÓN CON FABIEN

Fabien é o pai de Samuel (1º); eles naceron na República Centroafricana. Aproveitantdo estas datas Fabien fixo unha magnífica sesión de dinamización co alumnado de 1º ciclo, todo con temática africana: un conto, presentación de diapositivas sobre a vida e cultura nese país, danzas e... comida típica (buñuelos e banana fritida).
Todos aprendemos e gozamos moito durante hora e media e aínda poderiamos continuar outro tanto.
Grazas pola colaboración, a profesionalidade e o teu xeito de involucrarte na actividade.