31 oct 2014

A FUXIDA DO MCDONALDS - MARCOS

Marcos inventou este divertido conto, que fixo rir a todos os compañeiros e compañeiras. Parabéns pola túa creatividade!

27 oct 2014

Warholiños por un día

María, a profe que está aprendendo para ser profe, tróuxonos un proxecto moi interesante que imos seguir: Arte na Escola... neste caso Arte Pop.


 
E quen mellor para aprender algo de Pop Art que o grande Andy Warhol... e, claro, ser nós mesmos warholiños por un día.

E, despois, seguiremos co mitiquísimo Roy Lichtenstein! 

22 oct 2014

O POZO DOS DESEXOS

Sofía contou unha historia que nos deu para reflexionar bastante sobre a riqueza e a desigualdade social. Moi interesante o conto e o debate.

15 oct 2014

O POLO DOS OVOS DE OURO - CONTO TRADICIONAL EXIPCIO

Xa sei que vos soará raro pero na imaxinación todo é posible e Hamza púxolle ese título ao seu conto. Como era moi longo e aínda hai un pouco de problema co idioma, leuno en castelán. Os demais deberán practicar un pouquiño co galego.

14 oct 2014

Sentímolo moito

Esta semana repasaremos en 1º cousas dos 5 sentidos (ser son 6 en realidade, pero o sentido común, tamén chamado "sentidiño", non conta).

Así que xa sabedes: a sentilo moito todo o mundo! Exercitade os sentidos, xa que é o que vos conecta co mundo!

Aí vos van un par de actividades: ligazín e ligazón!

7 oct 2014

A HORA DE LER EN 2º

Hoxe foi o primeiro dia de moitos nos que facemos A HORA DE LER de xeito distinto. Cada día un neno/a terá a responsabilidade de contar un conto aos seus compañeiros/as. Os comezos non son doados pero Julio foi moi valente e, sen ter nada previsto, contou moi ben ONDE VIVEN OS MONSTROS?. Fíxoo moi ben e agora xa hai lista de espera.