4 dic 2015

EXPERIMENTANDO

Aínda que con un pouco de retraso, os nenos/as de 1ªA, ensinaron como ser pequenos científicos.
Atravesamos un globo cun pau sen explotar e fixemos voar unha boliña.!

29 oct 2015

DEDOS DE BRUXA - 1ºB

Estas son as fotos da actividade que fixemos onte: Mari, a nai de Xoel, ensinounos a elaborar unhas galletas con forma de dedo de bruxa e un chisco de "sangue" feita con marmelada de fresa. Que ricas estaban!
Grazas Mari pola túa colaboración.

DEDOS DE BRUXA - 1ºA

Hoxe fixemos un obradoiro de cociña co alumnado de 1ºA, aproveitando a receita que nos trouxo onte Mari, a nai de Xoel. Foi unha actividade estupenda, na que puideron participar todos os nenos e nenas. Xa vedes que ben o fixeron e supoño que vos chegou a proba a casa.

28 oct 2015

Samaín

Lembrade que dentro destas actividades NON hai nada nin programado nin referido a vir disfrazados, así que solicitamos que NON o fagades mañán!

Aproveitamos para lembrarvos que os días venres 30 de Outubro e luns 2 de Novembro son NON LECTIVOS.

11 sept 2015

Material principio de curso

Ante as dúbidas que expresáchedes sobre o material de inicio de curso informamos que a vindeira semana todos os niveis terán un listado completo deste. Coma sempre podedes ir traendo o típico estoxo de superheroes ou a mochila do equipo de baloncesto co material clásico: lapis, goma, afiador, ceras... Todo o demais, como carpetas, portafolios, libretas será solicitado a vindeira semana.

Gracias pola vosa paciencia. Vémonos o luns.

8 sept 2015

Reunión Importante

O Claustro do CEIP de Vite solicita a presenza de todas a familias.
LUGAR: Salón de Actos do colexio
DATA: Mércores 9 de setembro
HORA: 18:30
Informarase a toda a Comunidade Educativa do CEIP de Vite da grave problemática de inicio do curso 2015-16.
(Para axilizar a reunión pregamos que só veñan pais, nais e titores legais).

O Claustro.

18 jun 2015

Excursión de Fin de Curso

Dadas as limitacións coas que contamos no centro ao final tivemos que optar por non viaxar cos compañeiros de Infantil e de 2º de Primaria a Campo Lameiro e decidimos viaxar pola mellor cidade do mundo: Compostela.

Saímos cos amigos de 3º, que ían de visita guiada por Mari, a mamá de Chano e Xoel. Unha vez no Obradoiro tiñamos unha Quest que cumplir: resolver uns acertixos para poder seguir avanzando pola cidade, sendo o primeiro "Nesta praza tan soleada, hai que atopar dúas espadas". Polo visto non podían ser de metal, a as dúas de pedra que había víunas Maxim no Pazo de San Xerome. Visitamos logo o Pazo de Fonseca, buscando "letras vermellas cerca das tellas" e aprendimos que é Alonso III de Fonseca, e "cabalos, non sei se bos ou malos" nas Praterías. Na rúa do Vilar o acertixo dicía "Sen baixar o pantalón nin decir nin mú, hai que ter un dedo metido no cú"... que difícil! Ao final resolveuno Iago sen se manchar as mans (menos mal).
Toural, Orfas, varias probas. E chegamos a Mazarelos, co arco medieval e outro acertixo: "Nesta praza seca e sen fonte, hai polo menos un peixe (que eu conte)"... Esta vez foi María que atopou ao peixe agochado de Mazarelos.

Paseamos pola praza de Abastos despois de visitar ao Reis Magos, e mercamos froita para quen quixo (plátanos, cereixas e mazás), e merendamos en Cervantes. Paseo pola rúa Travesa e "neste paso estreitiño hai que ver un paxariño", que Maryo atopou se dificultade.

Descansamos no parque de San Roque (cunha mini-visita á Gardaría da Galiña Azul) e logo, seguindo sempre o mapa, baixamos por Coímbra e ruta directa polo Burgo das Nacións cara o CEIP de Vite.
Aí van as poucas fotos que puidemos sacar. Hai algunha imaxe máis no blog dos Marabillosos Laretas!








9 jun 2015

QUE LLE ACONTECEU AO CABALEIRO? - CONTO COLECTIVO

Levamos un tempiño traballando duro: elixindo personaxes, decidindo entre todos as súas características, creando a historia, as ilustracións e finalmente os diálogos. Finalmente, co esforzo de todos e coa axuda de Pilar e Carmela, conseguímolo!
Estamos orgullosos do noso traballo en equipo!


29 may 2015

Cóntame un conto! (coa nai de Fernando)

A mamá de Fernando, María Esther, contóunos un par de contos chulísimos o luns 25, e logo repartíu unhas estupendas rosquillas caseiras para ledicia de todos e todas!


 Así dá gusto, case foi un café-teatro!

20 may 2015

FRASES DRAMATIZADAS EN ED. FÍSICA

Isto é o resultado da clase de onte, traballando a expresión corporal (aínda que non se entenda moi ben a expresión oral).


12 may 2015

11 may 2015

Sabela, bronce no Liceo La Paz d'A Coruña

Os logros académicos son importantes, pero cando estes se combinan cos logros deportivos conseguimos un nivel de confianza e realización moi elevado. A autoestima que se gaña no deporte é tan importante como a que se gaña gracias aos nosos coñecementos. Por iso é vital atopar un que nos guste, e practicalo adquirindo os valores que destila.

Hoxe temos un bronce merecidamente gañado en Judo.

Noraboa, Sabela!


"Non vai de se caes; vai de se volves a erguerte"
-Vince Lombardi

Museo de Historia Natural

O pasado día 6 de maio tanto os de 2º coma os de 1º visitamos o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

A pesar de que a visita non foi guiada, e foron Pilar e Pablo os que nos explicaron o que viamos, todo o que alí aprendimos foi moi interesante. O que máis gustou foi por un lado a colección de cunchas, a réplica do velocirraptor e algúns dos animais disecados.




29 abr 2015

Hora de Ler moi diversa

 Catro compis no ordenador lendo un libro-xogo en PDF (novidade de hoxe), e o resto facendo lectura individual ou con axuda (un levanta a man para que o bibliotecario lle cambie o libro)

Tres máis compartindo lectura con imaxes e textos sinxelos

 Os do libro-xogo non chegan a un acordo sobre se pasan á páxina esta ou á páxina aquela
así que deciden resolver xogando a "pedra-papel-tesoira"... Ui! Papel gaña a Pedra!

 ... o "perdedor" asume a decisión do "gañador" con deportividade e un sorriso. 

Sempre así un ratiño despois do recreo. E na casa, TAMÉN.

"Un fogar sen libros é coma un corpo sen alma"
Marco Tulio Cicerón

Cartaz para o fomento do Galego

Aí vai a nosa obra mestra!


Planificado, deseñado e realizado polo alumnado de primeiro.

27 abr 2015

Kalandraka en Sargadelos

O pasado xoves 23 de abril (Día do Libro) puidemos asistir a un contacontos na Galería Sargadelos da Rúa Nova.
Foi un paseo agradable con sol incluído (e mira que pensabamos que ía chover). Ao chegar disfrutamos dos contos Ícaro, O Patiño Feo e Orellas de Bolboreta, contados por Patricia e acompañados polo acordeón de Álex



Preguntádenos que tal o pasamos e vos contaremos máis!

21 abr 2015

Hora de ler diferente

Durante parte da semana pasada e a actual estivemos facendo unha hora de ler diferente.

Puxémonos no pelexo de Brion de Brookmere, fillo do rei elfo Cedrus. Brion é un príncipe elfo que volta ao Reino Perdido de Brookmere para tentar reconquistalo.


O libro que limos entre todos foi Retorno a Brookmere, un "libro-xogo" escrito por Rose Estes alá polo 1982 e publicado en España no 1985. Este tipo de libros saben enganchar moi ben ao lector, e dímonos conta de que un só libro pode dar paras moitas historias. En catro xornadas lectoras fumos quen de levar a Brion pola tristes ruinas de Brookmere coma un espía disfrazado, descobrer aos malvados que alí viven e reunir información para voltar xunto a Cedrus e informar para planear a reconquista. Polo medio loitamos con lobos cavernícolas, gnolls e mesmo con cubos de xelatina xigantes! E decidindo entre todos os camiños que seguiría Brion: atacar? fuxir? o camiño da dereita ou o da esquerda?

Agora son moi difíciles de atopar, pero estes libros serviron de iniciación á lectura a moita xente. Se hai algún por casa, xa sabedes: a compartir a lectura e as escollas do protagonista!

10 mar 2015

O OSO E O PAXARO CARPINTEIRO

Este é o conto que inventaron Julio e Xiana. Con el mostráronnos a necesidade de axudar uns a outros e de obedecer aos adultos.




2 mar 2015

REMATAMOS O CONTO DAS PANTASMAS E OS ROBOTS

Agora si que chegamos ao final deste longa aventura cos nenos e nenas de 2º. Gravamos os textos co ipad, usando a aplicación VOICE. E quedou así de chulo.

/

26 feb 2015

Robotizados!

 Malik trouxo unha verdadeira beleza tecnolóxica: un robot!

Robot OFF
Ten luz i é articulado, pero a cuestión do nome segue no aire. Polo dagora está programado para detectar ruído e avisarnos coas súas cores verde (ambiente agradable), amarela (ambiente algo molesto) e vermella (moito ruído).
Robot ON


Un detallazo que procuraremos aproveitar ao máximo!

20 feb 2015

ωιτε μολα!

Aí van unhas fotiños das nosas columnas e do noso templo grego. Moitas grazas a todas as familias pola vosa presencia e os vosos capiteis, e ás compañeiras superenrolladas que temos de mestras por ter colaborado en facer isto posible!










6 feb 2015

Bigote de Dalí!

Lembrade todos e todas que o vindeiro luns hai que traer un bigote de Dalí! Tal foi o mandadiño do 
Meco Artista deste 2015!

surreealiiiiissssssssssssmo!


3 feb 2015

Este exercicio ten "solución"



Se temos auga e azucre...

E botamos o azucre na auga e remexemos...

O azucre desaparece! Cal é a solución neste enigma?


Claro! A solución é que é unha SOLUCIÓN!!!!


Contos aleatorios!

Hoxe, despois da Hora de Ler, trouxen á aula un xogo que teño na casa chamado Story Cubes.


Sinxelo e entretido, non ten máis
É un xogo ben sinxelo: nove dados de seis caras, cada unha cunha imaxe distinta. A mecánica é tiralos, mirar os nove resultados e contar un conto integrando cada unha das imaxes na historia.
Equilicuá a tirada que obtivemos

Atrevéronse a narrar unha historia David, Malik, Maxim, Maryo, Sergio, Jesús e Iago, e contaron sete contos moi divertidos, todos distintos e imaxinativos. Todos eles obtiveron o Logro +1 de Artista!
Se podemos repetilo, repetiremos... Pero lembrade que para xogar a este xogo non fan falla dados: podemos, na casa, dicir cada un algo distinto ("casa", "dragón", "xantar", "mar") e logo facer unha historia xuntando todas as cousas que dixemos... Xa sabedes!

IMAXINACIOOOOOOÓN!!!!



30 ene 2015

Entroido en 2º!

Xa está aquí o entroido e os nenos e nenas de 2º ímonos disfrazar do famoso cadro de Velazquez "AS meninas".
Se queredes saber algo mais sobre o cadro, aquí vos deixo este enlace:
"LA FAMILIA DE FELIPE IV" tamén coñecido como "LAS MENINAS" de Diego Velazquez

17 ene 2015

OS ROBOTS E OS PANTASMAS NO CASTELO ENCANTADO

O martes pasado non houbo conto preparado para a hora de ler así que decidimos inventar un en equipo. Isto foi o que conseguimos no pouco tempo que tiñamos. Pero isto terá continuidade e poderédelo ver aquí proximamente.

13 ene 2015

TRABALLAMOS CO TEMPO

Na clase de 2º, estamos a traballar cas horas; aquí vos deixo un enlace para que poidades xogar un pouquiño.
O RELOXO
AS HORAS